Do 27 ao 29 de novembro 2019
CIFP de Lamas de Abade (Santiago)
XXII Cata dos Queixos e XVIII Cata dos Meles de Galicia - 2019
Organizadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), da Consellería do Medio Rural, coa colaboración dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia: Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa e o consello regulador da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.
Antes das Catas organizouse unha precata ou cata de selección. A cata final celebrouse na sala de catas do Centro Integrado de Formación Profesional en Lamas de Abade (Santiago).
