Xoves 29
Delegación provincial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70. Lugo)

Xornada en Lugo arredor da nova IXP Pan Galego

Compartir

Xornada informativa dirixida aos sectores da produción de trigo país, de fariña e de pan desta provincia, a fin de difundir as características do novo selo de calidade.

Tras a publicación no DOG o pasado mes de xullo da Orde pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan Galego e o nomeamento do seu Consello Regulador, a Agacal quere impulsar o rexistro de produtores de trigo, muíños e panadarías para que proximamente se poida atopar no mercado pan identificado como Pan Galego.

A xornada contará coa intervención de persoal técnico da Agacal, que debullará os diferentes aspectos desta indicación xeográfica, explicando os requisitos e os pasos necesarios para acollerse a ela; da directora da Cátedra do pan e do cereal da USC, Ángeles Romero, que falará dos “Valores diferenciais do Pan Galego”; da presidenta do Consello Regulador da IXP Pan Galego, Guadalupe Gómez, e de César Manuel Fieiras, presidente de FEGAPAN, que falarán das panaderías como impulsoras da IXP Pan galego.


A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego é un selo de calidade para as panaderías tradicionais galegas. Esta nova IXP permitirá poñer en valor os produtos elaborados nestes establecementos familiares, que se contan por centos ao longo do noso territorio.

pan