Mércores 7 de outubro ás 10h
Pazo de Quián, Sergude (Boqueixón)

Xornada de presentación da IXP Pan Galego

Compartir

O mércores 7 de outubro celebrarase unha xornada técnica para dar a coñecer a nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego, selo de calidade para as panaderías tradicionais galegas. Esta nova IXP permitirá poñer en valor os produtos elaborados nestes establecementos familiares, que se contan por centos ao longo de todo o noso territorio. O obxectivo é promover a utilización do selo de calidade IXP Pan Galego entre os distintos operadores.

No acto, o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, presentará os obxectivos e avances que supón a regulación da nova IXP Pan Galego. Dará paso ao persoal técnico da Agacal, que debullará os diferentes aspectos da norma, explicando os requisitos e os pasos necesarios para acollerse a ela. A maiores, o acto contará cunha mesa na que estarán representados os tres sectores imprescindibles para o desenvolvemento desta actividade económica, como son o da produción de trigo do país, o da produción de fariña e o da produción de pan.

pan3