Presentación do Decreto polo que se regula a Artesanía Alimentaria
Xornada de presentación do Decreto da Artesanía Alimentaria, coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez. Debullaranse os requisitos e os pasos necesarios para obter o selo de Artesanía Alimentaria, e como promovelo entre os operadores galegos.
O acto contará tamén cunha mesa na que estarán representados diversos operadores de referencia para falar da preservación da tradición alimentaria:Carlos Brea, de Cervexa Toupiña, obradoiro de cervexa; Alberto Rodríguez, da Pastelería Estilo, obradoiro de confeitaría e Brígida Hermida, de Xearte Brigitte, obradoiro de xeados.
O obxectivo da regulación da artesanía alimentaria é recoñecer e fomentar os valores económicos, culturais e sociais que esta representa; preservando e conservando as empresas artesanais alimentarias e estimulando o seu establecemento.
