Do 5 ao 9 de febreiro 2020
Recinto feiral Expourense

Participación da Agacal na feira Xantar 2020

Compartir

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), participou na 21ª edición de XANTAR. Salón Internacional do Turismo Gastronómico celebrada en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro. No espazo da Agacal espuxeron os seus produtos dezaseis empresas agroalimentarias galegas: Ánades Galicia (foie-gras, xamón de pato, confits de pato, fabas con pato): Adega O Cotarelo (D.O. Ribeiro), Cárnicas Regueiro (produtos curados e salgados de porcino), Montañas de Trevinca (IXP Mel de Galicia), Casa Zolle (queixo de leite cru co selo 100% galega), Milkabra (queixos de cabra), Orballo (infusións, aromáticas e especias), Bodegas Torres Augusti (IXP Barbanza e Iria), St. Petroni (vermú branco e vermello), Xacobleas (xacobleas e tellas), Apícola Outeiro / Johny Pérez Alonso (IXP Mel de Galicia), A boa migalla (IXP Pan de Cea), Nela Gourmet (marmeladas creativas) e Alma Meiga (aceite de oliva galego). Fóra do stand de Agacal tamén participaron Campo Capela (queixo de tetilla) e Embruxo (aceite de oliva).

Xantar é un encontro de referencia para promocionar os produtos con indicativo de calidade de Galicia e poder dalos a coñecer tanto entre as persoas que a título individual visitan a feira como entre o sector profesional.

Participación da Agacal na feira Xantar 2020