Do 22 ao 24 de outubro 2019
Madrid

Participación da AGACAL en Fruit Attraction 2019

Compartir

Fruit Attraction é unha feira internacional adicada ao sector das froitas e hortalizas que nesta súa 11ª edición prevé un aumento do 10% con relación ao 2018, tanto do espazo expositivo, que superará os 55.000 metros cadrados, como do número de expositores, que acadará os 1.800. O rexistro de visitantes superará os 90.000, procedentes de 130 países.

Comprende un amplo programa de actividades paralelas e xornadas. Así, os Fruit Forum acollerán xornadas como temática sectorial, como o “Biofruit Consgress”, “Technology Attraction”, “Workshop sobre envases e embalaxes sostibles”, u a xornada sobre “A xestión da auga en hortofruticultura”. Ademais realizaranse actividades paralelas de carácter comercial ou sectorial nos “Foros Innova” e no “Foro Smart Agro”. 

O programa de invitados internacionais permitirá traer á feira a mais de mil compradores de todo o mundo. A esta iniciativa súmase a de “País Importador Invitado”, en colaboración co ICEX, qe nesta edición serán China, India e Singapur.

Serán sete as empresas galegas que participen no stand conxunto de Medio Rural. Ademais, contaremos coa presencia das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, que non só terán espazo propio como coexpositores, senón que programarán varias accións promocionais tipo “Showcooking”, dirixidas polo coñecido chef José Manuel Mallón.

Os postos dos expositores levan a súa imaxe corporativa e permiten no seu espazo dispor de todo o mobiliario como neveiras ou vitrinas expositoras e servizos para realizar unha eficaz acción comercial.

Participación da AGACAL en Fruit Attraction 2019