Outubro - Novembro
Pontevedra e Ourense

Medio Rural lanza un curso de inglés comercial para mellorar as habilidades de comunicación do sector vitivinícola na exportación

Compartir

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), lanza un curso gratuíto de inglés comercial destinado ao sector vitivinícola, co obxectivo de que as persoas que se dedican á xestión comercial nas empresas deste ámbito poidan mellorar as súas habilidades de comunicación durante o proceso exportador, que nos últimos anos incrementou a súa achega de ingresos ás adegas.

 

Haberá dúas edicións, con clases presenciais e nun horario, de luns a venres, que se concretará coas personas participantes:

 

  • Pontevedra (18 de outubro - 24 de novembro).

  • Ourense (26 de outubro - 29 de novembro).


Os formularios (ver máis abaixo) deberán gardarse no ordenador, cubrirse correctamente, gardarse e remitirse como anexo ao enderezo electrónico feiras.medio-rural@xunta.gal. Unha vez enviado, deberase agardar confirmación da recepción. En caso de non recibir confirmación, ponte en contacto connosco.

⬇️As persoas interesadas deberán descargar o formulario desde os seguintes enlaces ⬇️

Curso inglés comercial sector vino Agacal