Outubro - Novembro
Diversas localidades

Medio Rural informará sobre os valores diferenciais da IXP Pan Galego en varias xornadas en distintas localidades galegas

Compartir

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), visitará varias localidades galegas, nas que realizará xornadas técnico-informativas sobre as características e valores diferenciais da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego.

 

Ademais de presentar a nova indicación xeográfica protexida, nestas sesións achegarase información sobre as perspectivas de desenvolvemento do trigo autóctono. Abordaranse tamén os retos alimentarios de Pan Galego e terá lugar unha mesa redonda con entidades produtoras de trigo e panadarías. Todas as xornadas inclúen visitas a obradoiros.

 

As xornadas terán lugar en diferentes localidades. Estas son as datas:

-1
3 de outubro, en Lugo.
-2
8 de outubro, en Pontevedra.
-
9 e 10 de novembro, na Coruña.

 

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no enderezo electrónico pangalego.agacal@xunta.gal, indicando a localidade no asunto e achegando o formulario descargable na ligazón https://bit.ly/3lTYwYf ou chamando aos teléfonos 627 570 950 / 685 722 084.

 

⬇️ Nos seguintes PDF podes consultar o programa de cada xornada ⬇️

Xornadas Pan Galego datas