Medio Rural celebrará xornadas en distintas localidades galegas para explicar a nova regulación de Artesanía Alimentaria
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), celebrará xornadas en distintas localidades galegas para explicar os detalles da nova regulación de Artesanía Alimentaria, concretada no Decreto 174/2019.
Nestas sesións explicativas e moi didácticas, abordaranse diversas cuestións: as condicións técnicas básicas para a produción artesanal dos produtos alimentarios; os requisitos a cumprir polas persoas artesás e polas empresas artesanais alimentarias; o Rexistro da Artesanía alimentaria ou a utilización dos termos «artesán», «artesán da casa», «artesán caseiro» e «artesán de montaña» no etiquetado, presentación e publicidade dos produtos.
Tamén intervirán persoas representantes de empresas de artesanía alimentaria, que contarán as súas experiencias e achegarán claves de interese para as persoas asistentes.
As xornadas terán lugar en diferentes localidades. Estas son as datas:
-19 de outubro, en Lalín.
-26 de outubro, en Barbadás.
-15 de novembro, en Boqueixón.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no enderezo electrónico artesaniaalimentaria.agacal@xunta.gal, indicando a localidade no asunto e achegando o formulario descargable na ligazón https://bit.ly/3lTYwYf ou contactando nos teléfonos 627 570 950 / 685 722 084.
⬇️ Descarga os seguintes PDF para consultar o programa de cada xornada ⬇️
