Do 6 ao 8 de setembro 2019
Boimorto

Medio Rural alumea o Festival de la Luz con 35 experiencias galegas de calidade

Compartir

O Festival de la Luz supón un evento no que se harmoniza a natureza, a tradición e a cultura galega. Dentro dela, a gastronomía e os produtos propios con marca de calidade ocupan un lugar moi relevante, polo que resulta vital impulsar o seu coñecemento e consumo por parte de tódolos públicos. Para tal fin, a Consellería do Medio Rural e a AGACAL —Axencia Galega da Calidade Alimentaria—, procuran por en relevo os 35 produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade a través do seu stand. Os asistentes atopan nel unha zona de entretemento infantil, catas comentadas e área de información.

Baixo o título ‘Alimentos que poñen luz na túa mesa’ realizáronse 5 obradoiros para nenos en horario de mañá e de tarde, entre as 11:30 e as 20:00 horas, ao longo do sábado e do domingo. A través da confección de chapas (coas imaxes e logotipos dos produtos), os obradoiros de cociña, as sopas de letras, a maquillaxe e un Memory de tamaño XXL, os pequenos puideron aprender a identificar e saborear de forma lúdica o nome e logotipos dos 35 produtos con denominación de orixe e indicación xeográfica de Galicia. Un xeito de fomentar o coñecemento e a identificación, a curiosidade e de divertirse explorando a despensa galega.
Por outra banda, tamén se impartiron dous tipos de catas comentadas destinadas a tódolos públicos, tanto o sábado coma o domingo do Mel de Galicia e dos queixos de Galicia (“Irmáns de leite”). Todas elas suxeitas a inscrición previa.

Tamén se contou cunha zona de información, onde persoal da Consellería do Medio Rural, informou aos asistentes das características destes produtos.

Ademais a Consellería do Medio Rural agasallou cun lote de produtos con denominación de calidade aos 12 premiados nas distintas categorías da carreira popular “cultivando deporte”, que organiza o festival e que se celebrou o sábado.

Festival da Luz