15 e 16 de outubro
Lugo - Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia

Medio Rural afondará na elaboración da cervexa artesá a través dunha xornada técnica en Lugo os días 15 e 16 de outubro

Compartir

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza en Lugo unha xornada técnica sobre a elaboración da cervexa artesá. A xornada propiamente dita será o 15 de outubro no Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia na capital lucense.

 

Nela, persoas expertas no sector achegarán diversas opcións que existen na elaboración da cervexa artesá, así como a influencia climática sobre a súa materia prima ou proxeccións sobre a estratexia de futuro na actividade cervexeira galega, entre outros temas.

 

Ademais, o 16 de outubro, as persoas inscritas terán a oportunidade de visitar a Fábrica de Cerveja Nortada e a Letraria Craft Beer, ambas na cidade de Porto (Portugal).

 

Inscrición e aforo

A participación nesta actividade é gratuíta, previa inscrición no seguinte enderezo electrónico: artesaniaalimentaria.agacal@xunta.gal

A inscrición non inclúe xantar de balde. As prazas están limitadas a 30 persoas para as visitas técnicas.

 

⬇️ Podes consultar e descargar o programa completo no seguinte PDF ⬇️

Curso cervexa artesa Lugo