Xoves 19 de novembro de 2020
Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Entrega dos Acios e Potes das Catas de Galicia 2020

Compartir

Acto de entrega dos Acios de Ouro correspondentes co mellor viño branco e mellor viño tinto de Galicia deste 2020. Tamén se outorgarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia. O evento poderá seguirse en rigoroso directo vía streaming.

Ante a imposibilidade de celebrar as Catas de Galicia coa tradicional gala de entrega de Acios e Potes, a Xunta de Galicia deseñou unha forma segura e contida para premiar e promocionar aos gañadores da XXXII Cata de Viños, XXII Cata de Augardentes e IX Cata de Licores Tradicionais de Galicia. Neste caso, os propios representantes da Consellería do Medio Rural serían os que se desprazarían ás sedes das denominacións de orixe vitivinícolas para facer entrega das cobizadas distincións.

Entre os días 12 e 16 de novembro tiveron lugar os actos de entrega dos Acios correspondentes ás denominacións de orixe Monterrei, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Rías Baixas nas sedes dos seus respectivos consellos reguladores, mantendo as medidas sanitarias e as limitacións de aforo impostas por mor da covid-19.

O xoves 19 de novembro, na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid-19. O acto de entrega será retransmitido en directo e poderá seguirse en streaming.

1