Outubro - Novembro
Sede Institucional da AGACAL. Pazo de Quián – Sergude (Boqueixón)

Curso de formación gratuíto: Claves para aumentar o valor do produto. Visión estratéxica no etiquetado e no envoltorio

Compartir

A importancia do sector agrogandeiro en Galicia é fundamental, por iso tamén é vital a evolución e especialización da agricultura, silvicultura e gandaría para adaptarse ás necesidades dun mercado cambiante, ás mudanzas económicas, tecnolóxicas e ambientais. Este avance conséguese a través da información e da formación no sector técnico e económico. Sendo consciente disto, a Xunta de Galicia promove a realización de cursos de formación destinados á sensibilización en materia de calidade dos produtos, xestión sustentable dos recursos naturais, xestión técnica-económica, protección do medio e conservación da paisaxe.

Nesta ocasión, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria dependente da Consellería do Medio Rural, contémplase a celebración do curso formativo ‘A túa embalaxe vende máis que mil palabras. Claves para aumentar o valor do teu produto. Visión estratéxica no etiquetado e no envoltorio. Unha acción formativa de balde, cunha duración estimada de 30 horas, que se impartira na sede institucional da AGACAL —Pazo de Quián, s/n en Sergude · Boqueixón— e que se celebrará en tres datas diferentes, a escoller.

 

OPCIÓN 1: días 15, 16, 22 e 23 de outubro

OPCIÓN 2: días 2, 6, 12 e 13 de novembro

OPCIÓN 3: días 19, 20, 26 e 27 de novembro

 

Horarios dos venres:de 16.00 h a 20.30 h

Horarios dos sábados:de 09.00 h a 20.30 h

 

A realización do curso quedará supeditada a acadar o número mínimo de prazas.

 

A quen vai dirixido?

Esta acción formativa vai dirixida a toda persoa vencellada activamente coas producións agroforestais con orientación comercial, titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, traballadores que desenvolvan a súa actividade neste eido—xa sexa en explotacións, industrias transformadoras ou de servizos agrarios—, persoas vinculadas con pequenas explotacións, mozos en idade laboral con expectativas de incorporación ao sector primario ou á industria transformadora, así como propietarios forestais ou con expectativas de selo, entre outras moitas opcións.

 

Que contidos se impartirán?

A través de casos prácticos e reais cos sectores implicados na embalaxe, os asistentes aprenderán como revalorizar o seu produto a través do envoltorio e o etiquetado, seguindo as seguintes claves.

  • Etiquetado e selo de calidade, un valor engadido.

  • Como creo marca para o meu produto?

  • A túa marca no papel, na túa embalaxe e na túa embalaxe loxística.

  • Tipos de impresión, tendencias e custos.

  • Coñecemento do etiquetado, acabados, cuños e posibilidades de impresión.

  • A túa marca no vidro e na madeira.

  • Posibilidades creativas e solucións de exportación.

 

Como podo inscribirme?

As persoas interesadas poderán inscribirse cumprimentando o formulario que se poderá descargar máis abaixo, escollendo entre unhas das tres opcións: 

Formulario 1 (segunda quincena de outubro).
Formulario 2 (primeira quincena de novembro).
Formulario 3 (segunda quincena de novembro).

 

Formulario de inscrición

E reenviándoo correctamente cumprimentado a: ferias.medio-rural@xunta.gal.

En caso de dúbida, poderá contactar a través do teléfono +34 986 505 245.

 

⬇️ A continuación, podes descargar os formularios de inscrición ⬇️

Curso embalaxe Agacal