29 de setembro de 2021
Restaurante Árbore da Veira (A Coruña)

A Coruña acolle unhas Catas de Galicia con motivo do I Circuíto de Golf España Verde Xacobeo 2021

Compartir

O I Circuíto Golf Tur 43 España Verde Xacobeo 2021 visitará o próximo domingo 3 de outubro o Real Club de Golf da Coruña tras a realización das dúas primeiras probas en Urturi (País Vasco) e Oviedo (Asturias).

Para complementar estas xornadas, a Consellería do Medio Rural, a través da Agacal – Experiencias de Calidade de Galicia, vén organizando durante todo o circuíto os eventos de degustación Catas de Galicia. Neles, as persoas asistentes poderán degustar marcas galegas premiadas nas catas que organiza a Consellería, tanto de viños, augardentes e licores como de queixos e de meles.

Previamente á proba que terá lugar na Coruña, este mércores 29 de setembro haberá unha degustación Catas de Galicia ás 18:00h no Salón Sisargas do Restaurante Árbore da Veira, situado no Monte de San Pedro, Estrada Os Fortes, s/n (A Coruña).

Estarán convidadas persoas representantes de ata un máximo de 30 posibles marcas compradoras destes produtos, tanto da canle Horeca, da distribución ou de tendas especializadas ou gourmet, co que se contribuirá a impulsar o coñecemento e a posta en valor dos produtos galegos con marca de calidade diferenciada.

Catas de Galicia nunha das probas do I Circuito e Golf TUR 43