11 de marzo do 2020 de 9 a 16:30 horas
Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo)

A Agacal participa no Galicia Market Place 2020

Compartir

O Galicia Market Placet acolle este mércores 11 de marzo unha xornada que baixo o lema "Xornada da terra" convertirá o Círculo de Empresarios de Galicia no epicentro do emprendemento agroalimentario galego. 

O Galicia Market Place, que este ano celebra "Encontros en Círculo: emprendemento e investimento en sectores tradicionais galegos; iniciativas empresariais no sector agro-mar alimentario de Galicia" integrará na xornada deste mércores mesas redondas, un espazo-escaparate de produtos galegos de calidade, degustacións, gastronomía e un xantar-coloquio sectorial que contará coa presenza do Conselleiro do Medio Rural.

Deste xeito, a Consellería de Medio Rural, a través da Agacal, estará presente en diversos coloquios onde se falará de iniciativas de posta en valor de produtos da gastronomía galega a través das marcas de calidade diferenciada. Tamén organiza, no marco do “espazo escaparate” unha exposición de viños, queixos e meles galardoados cos distintivos de ouro nas catas organizadas pola Xunta o pasado ano.

Máis información na web http://circulo.gal/categorias/galicia-market-place-2020-5a-edicion-mar/ 
 

A Agacal participa no Galicia Market Place 2020