Compartir

Xeado de Arzúa-Ulloa con salsa de chocolate (para 6 persoas)

Xeado de Arzúa-Ulloa con salsa de chocolate (para 6 persoas)
Ingredientes

Para o xeado:

  • 1 L de leite
  • 6 xemas de ovo
  • 6 claras de ovo
  • 1 cullerada de maizena
  • 250 g de azucre
  • 250 g de queixo Arzúa-Ulloa picado

 

Para a salsa de chocolate:

  • 150 ml de nata
  • 2 Culleradas de cacao en po
  • Diluímos as dúas culleradas de cacao nos 150 ml de nata e dámoslle un fervor.
Productos
Tipo de plato
Postre

Fervemos o leite. Mesturamos o azucre coas xemas e a maizena, incorporamos o leite e dámoslle outro fervor con coidado de que non se nos pegue. Arrefriamos e engadimos o queixo picado e as claras a punto de neve. Ponse no conxelador, e pasadas dúas horas removemos e volvemos conxelar.

Presentación:

Nun prato poñemos dúas bolas do xeado, acompañado coa salsa quente de chocolate.