
Ingredientes
- 1 kg de xarrete de “Ternera Gallega” (dianteiro)
- 120 g de cebola
- 100 g de allo porro
- 150 g de cenoria
- 3 dentes de allo
- 4 dl de viño branco (DO Ribeiro)
- 2 dl de aceite de oliva virxe extra
- 2 ud de perexil
- sal
- pementa en gran
- castañas peladas e cocidas da IXP Castaña de Galicia
Productos
Tipo de plato
Segundo
Macerar o xarrete con todas as verduras e os aromas durante a noite anterior. Dourar o xarrete en aceite de oliva e engadir a maceración, cocer a lume lento durante 3 horas. Cando o xarrete estea case tenro engadir as castañas e cocer o conxunto un par de minutos.
Presentación: colocar os anacos do xarrete e presentalo coas castañas arredor.