
Ingredientes
- 3 iogures naturais
- 3 ovos
- 300 gr de queixo do Cebreiro
- 1 cullerada de fariña de millo
- 5 culleradas de azucre
Productos
Tipo de plato
Postre
Nun molde poñer tres culleradas de azucre e tres de auga, meter no microondas durante seis minutos ao máximo de potencia ata que se faga o caramelo. Axitar ben o molde para que o caramelo se estenda polo fondo. Bater os ovos e mesturar co queixo e co resto dos ingredientes ata obter unha pasta e pasala a un molde; logo tapala cun plástico adhesivo e cociñar a torta no microondas durante 13 minutos a máxima potencia.
Canto estea no seu punto, desmoldar como se fose un flan.