Compartir

Sándwich Club de Roast Beef de “Ternera Gallega”

Sándwich Club de Roast Beef de “Ternera Gallega”
Ingredientes

Para o roast beef:

  • lombo de tenreira (1,5-2 kg)
  • 3 dentes de allo
  • sal grosa
  • pementa negra
  • tomiño fresco
  • 0,2 dl de viño branco DO Rías Baixas
  • 0,15 dl de brandy

Para o sándwich:

  • 12 rebandas de pan multicereais ou branco
  • 2 ovos cocidos
  • 2 tomates medianos
  • 12 liscos de touciño entrefebrado afumado
  • 2 leitugas

Para a maionesa aliñada:

  • 200 g de maionesa
  • 8 ceboliñas encurtidas
  • 8 olivas grandes aliñadas
  • 8 guindas verdes encurtidas
  • medio limón
Tipo de plato
Primero

Temperar a peza de tenreira, polo menos unha hora antes de asar, fóra da neveira. Pincelar de aceite e salpementar a peza. Dispoñela nunha placa para forno sobre allos machucados e unhas ramiñas de tomiño (poñer debaixo da carne para achegar sabor á salsa sen que se queimen durante o asado). Engadir o viño branco, o brandy e un chorro de auga. Asar no forno (previamente prequentado) a alta temperatura (225 ºC) uns 15 minutos, ata obter un dourado exterior, baixar a temperatura do forno a 140 ºC e asar outros 15-20 minutos aproximadamente, ou ata que obteña unha temperatura interna de 45-48 ºC para un punto rosado e zumarento. Se observamos que o fondo da placa queda seco engadir un pouco de auga.

Retirar do forno e a placa, deixar repousar a temperatura ambiente 30 min. Usar directamente ou arrefriar en neveira de 2 a 3 horas para que colla corpo. Coar os mollos resultantes na placa e reservar.

Laminar a carne a coitelo en liscos grandes e pincelar cada unha delas co mollo resultante do asado, para que se manteñan zumarentas e gañen en sabor.

Para a maionesa aderezada:

Picar fino a coitelo a metade dos encurtidos e mesturar coa maionesa e o zume de medio limón.

Montaxe do sándwich

Dourar en ferro ou grella as tiras de touciño entrefebrado e, sobre a súa graxa, 3 rebandas de pan por sándwich. Untar as caras internas dos pans coa maionesa aderezada.

Alternar capas de ovo cocido, láminas de tomate, abundante tenreira, touciño entrefebrado e leituga.

Pechar o sándwich cunha espetada dos encurtidos restantes.