Compartir

Rolo de “Ternera Gallega” con crioulo e mazá

Rolo de “Ternera Gallega” con crioulo e mazá
Ingredientes
  • 1 centro de vacío de “Ternera Gallega” (aprox. 700 g)
  • 3 chourizos crioulos
  • ½ bote pequeno de pemento morrón asado picado en dados
  • sal
  • pementa negra recén moída
  • 2 mazás grandes
  • 1 vaso de viño branco Albariño DO Rías Baixas
  • aceite de oliva virxe extra
Tipo de plato
Segundo

Abrir o filete de vacío en forma de libro, cun coitelo ben afiado.

Esmagalo cun rodete dentro dunha bolsa de plástico ata que quede ben estirado e regular de grosor por todas as partes. Salpementar.

Sacarlle a pel aos chourizos e repartilos sobre a carne a modo de capa regular. Engadir os pementos

salpicados polo recheo.

Enrolar a carne sobre si, a modo de rulo, e atar apertada con fío de bramante.

Dourar a peza nunha tixola a lume forte e dispoñela nunha placa de asar, engadir o vaso de viño branco no fondo da placa. Asar no forno a 180 ºC 45 min., ata que estea cociñada internamente.

Picar as mazás en dados e saltear cun pouco de aceite e sal.

Presentación:

Cortar a carne en toros dun dedo de grosor e dispoñer sobre un pouco de mazá salteada, salsear co xugo resultante da placa do asado.