Compartir

Risotto con queixo DOP San Simón da Costa e chicharróns

Risotto con queixo DOP San Simón da Costa e chicharróns
Ingredientes
  • 2 chalotas
  • 250 g de arroz
  • 100 g de Queixo San Simón
  • 200 g de Chicharróns
  • Caldo vexetal
  • 1 copa de albariño da IXP Ribeiras do Morrazo
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
Tipo de plato
Primero

Previamente á elaboración do risotto, preparar unha infusión da cortiza do queixo. Para iso quentar, a lume suave, o caldo vexetal. Cando comence a ferver, retirar do lume, engadir as cortizas do queixo, tapar e deixar repousar durante 30 minutos. Pasado ese tempo, coar e reservar.

Pochar en aceite as chalotas picadas ben finas cun chisco de sal, para que solte antes a agua. Cando a chalota estea branda e transparente, engadir os chicharróns e cociñalos ata que funda toda a graxa. Incorporar o arroz, saltear uns minutos sen que chegue a tomar cor e engadir a copa de albariño, deixando que evapore o alcohol.

Engadir a infusión ben quente, para que non free a cocción, ata que vexamos que o arroz está case no seu punto. Nese momento mesturar o arroz co queixo e engadir un pouco de caldo máis. Remover ben o conxunto, apagar o lume e deixar repousar 5 minutos. Servir o risotto cuns anaquiños de queixo San Simón por riba.