Compartir

Pastelón de queixo Arzúa-Ulloa (para 6 persoas)

Pastelón de queixo Arzúa-Ulloa
Ingredientes
  • 2 pranchas de masa de milfollas
  • 1/2 quilo de queixo Arzúa-Ulloa
  • 150 g de champiñóns frescos fileteados
  • 100 g de touciño entrefebrado
  • 1 ovo
Productos
Tipo de plato
Postre

Estiramos a masa de milfollas sobre unha superficie plana cuberta con fariña, axudados cun rolete de pastelaría. Estendemos a primeira capa nunha placa de forno untada de aceite e pan relado. Depositamos o queixo, o touciño, o champiñón fileteado e cóbrese coa seguinte capa.

Pintamos co ovo batido axudados por unha brocha de pastelaría. Cálase cun garfo e faise un burato no centro a xeito de cheminea. Cócese media hora a 160 ºC.