Compartir

Muffins de Pan de Cea con grelos

Muffins de Pan de Cea con grelos
Ingredientes
  • 12 rebandas de Pan de Cea finamente cortadas
  • 3 culleradas de manteiga fundida
  • 75 g de Lacón Gallego
  • 6 ovos pequenos
  • 150 g de Grelos de Galicia cocidos e escorridos

Para a salsa de queixo:

  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 cullerada de fariña
  • 200 ml de leite morno
  • 1/2 cullerada de mostaza
  • 1/2 cullerada de noz moscada
  • 60 g de queixo Arzúa-Ulloa
  • sal e pementa
Tipo de plato
Primero

Comezamos preparando a salsa de queixo, derretemos a manteiga nun cazo a lume medio, coidando que non se nos queime, engadimos a fariña e removemos ben ata conseguir unha mestura homoxénea, a continuación engadimos o leite, removendo de forma constante, incorporamos a mostaza, a noz moscada e algo de sal e deixamos que se cociñe a lume lento durante 10 minutos, removendo de vez en cando para evitar que a salsa se queime. Unha vez que a salsa espese, retirámola do lume e engadimos o queixo picado, reservando algo para o final. Se a salsa quedou moi espesa, podémoslle engadir algo máis de leite.

Mentres tanto, prequentamos o forno a 180ºC. Cada rebanda de pan facémola máis fina coa axuda dun rodete e untámolas polas dúas caras de manteiga fundida. Pasamos cada unha das rebandas aos moldes, cubrindo ben o fondo para que non se escape a mestura, facendo a forma dunha cesta.

Engadimos o lacón e os grelos, a partes iguais, seguido polos ovos e finalmente, a salsa de queixo e a pementa. Poñémoslle queixo relado por riba e introducímolos no forno durante 15-20 minutos, dependendo de se queremos os ovos máis ou menos cociñados. Servir inmediatamente.