Compartir

Fabas de Lourenzá con ameixas

Fabas de Lourenzá con ameixas
Ingredientes
  • 300 g de Fabas de Lourenzá
  • 300 g de ameixas
  • 4 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 100 ml de viño branco DO Rías Baixas
  • 1 folla de loureiro
  • azafrán
  • perexil
  • aceite de oliva
  • sal
Tipo de plato
Primero

Poñer as fabas a remollo 12 horas antes.

Poñer as ameixas a remollo en auga con sal durante media hora.

Cambiar a auga das fabas ata cubrir e poñer a cocer xunto coa cebola, 2 dentes de allo, o loureiro e o pemento.

Nunha pota refogar os outros 2 dentes de allo picados. Cando se empecen a dourar engadir o azafrán e antes de que se queime incorporar o viño branco. Deixar ferver uns segundos e engadir as ameixas ben escorridas.

Tapar e deixar cocer ata que se abran todas. Nese momento sacar as ameixas e deixar reducir o mollo ata a metade, reservar.

Cando estean cocidas as fabas, retirar o pemento, a cebola e os allos; triturar todo cun pouco de caldo das propias fabas e incorporar de novo ao guiso para dar maior espesor á salsa.

Incorporar as ameixas xunto co mollo reducido e deixar cocer uns minutos todo xunto.

Rectificar de sal e engadir perexil picado xusto antes de servir.