Compartir

Costela de “Ternera Gallega” ao Mencía e Mel de Galicia

Costela de “Ternera Gallega” ao Mencía e Mel de Galicia
Ingredientes
  • 1,2 kg de costela de “Ternera Gallega” cortada en tiras anchas
  • 1 cebola grande en xuliana
  • 4 dentes de allo picados
  • 2 cenorias peladas e picadas en toros
  • 1 porro picado fino
  • 1 cullerada de xenxibre picado fino
  • 1 l de caldo de tenreira
  • ¾ de botella de vino tinto mencía DO Ribeira Sacra
  • 5 culleradas de IXP Mel de Galicia
  • sésamo
  • aceite de oliva virxe extra
Tipo de plato
Segundo

Salpementar as tiras de costela e douralas a lume vivo nunha pota ancha. Engadir as verduras e refogalas ata que estean douradas. Engadir o viño e reducir á terceira parte do seu volume. Cubrir de caldo de tenreira, tapar e ferver a lume lento ata que a carne estea tenra e case se desprenda do óso (unha hora e media). Nese momento, engadir o xenxibre e o mel e dar un fervor.

Retirar as costelas da pota e arrefriar, coar a salsa de cocción e reducila ata que quede con

consistencia de xarope negro e brillante.

Ten que quedar doce e lixeiramente ácida polo viño. Reservar.

Unha vez frías as costelas, cortalas en anacos regulares, retirando o exceso de graxa deixando carne

e óso en cada anaco.

Dourar os anacos de costela a lume forte nunha tixola cun pouco de aceite de oliva. Unha vez dourados, baixar o lume e engadir a salsa reducida e cociñar 3-4 minutos as costelas, bañándoas constantemente coa salsa ata que queden ben glaseadas (impregnadas e brillantes).

Se se reduce demasiado a salsa, engadir un chorriño de mencía ou auga e continuar a operación. Servir inmediatamente salpicando unhas sementes de sésamo por riba.