Compartir

Ameixas ao viño branco con xamón ibérico

Ameixas ao viño branco con xamón ibérico
Ingredientes
  • 1 kg de ameixas
  • 150 ml de viño branco da IXP Barbanza e Iria
  • 6 liscos de xamón ibérico
  • 4 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1 cullerada de pementón
  • 1 cullerada de fariña
  • perexil fresco
  • sal e pementa
  • aceite de oliva
Tipo de plato
Primero

Deixar as ameixas a remollo dentro de un bol con auga xeada durante 20 minutos. Escorrer baixo a billa de auga.

Picar a cebola, os allos e o xamón.

Quentar medio vaso de aceite nunha cazola.

Sofritir as verduras e o xamón durante cinco minutos. Engadir o pementón e a fariña e cociñar durante un minuto, removendo para que a fariña non se toste.

Engadir o viño branco e continuar coa cocción durante outro minuto para evaporar o alcohol. Incorporar as ameixas, subir o lume e remover. Salpementar ao gusto. Engadir dúas culleradas de perexil picado. Tapar a cazola e deixar que se cociñe todo xunto durante tres minutos.

Descartar as ameixas que non se abriran.

Servir as ameixas ao viño branco con xamón ibérico acompañadas de pan caseiro para mollar na salsa e unha copiña de viño da IXP Barbanza e Iria.