Información general
Empresas elaboradoras
Recetas

O río Mandeo e o seu afluente, o Mendo, labraron durante miles de anos os vales que rodean á cidade de Betanzos, e é precisamente nas ladeiras expostas ao sur destes vales onde se atopa o mellor terruño para as castes autóctonas desta zona.
Medio Natural
A influencia atlántica provoca unha moderación das temperaturas especialmente significativa nos períodos de máxima vexetación da vide.
O número de horas de luz é un dos factores limitantes para o cultivo da vide condicionando desta maneira as graduacións alcohólicas e ocasionando valores altos de acidez.
As condicións límite de luz e temperatura son características propias desta zona para obter viños singulares. As viñas están plantadas en solos francos e profundos, propios desta área xeográfica. A poda e a condución das viñas realízase manualmente e con mestría para facer un axeitado control do potencial vitícola.
Materias primas
+
As variedades de uvas empregadas son:
- Variedades brancas: Godello, Branco lexítimo (Albarín blanco), Agudelo (Chenin blanc) e Palomino.
- Variedades tintas: Mencía, Brancellao, Merenzao, Gran negro e Garnacha tintoreira.
Características del producto
+
Nos viños brancos dominan aromas froitais e florais, con cores dende amarela dourada pálida a amarela limón, con alto potencial aromático; en boca son lixeiros e frescos con toques ácidos finais.
Nos viños tintos predominan os aromas a froitos do bosque, de capa media, vermella cereixa e reberetes violáceos, estrutura media con paso suave e lixeiramente tánico.