Información general
Empresas elaboradoras
Recetas

A particular historia da augardente de herbas debe entenderse en relación a dous fenómenos históricos: o posicionamento dos destilados como remedio medicinal e a tendencia xeneralizada das clases populares a imitar os gustos e costumes das xentes acomodadas.
As primeiras noticias sobre este produto apuntan aos establecementos hospitalarios. Os seus inventarios recollen xa no século XVII a proba da fabricación e uso desta bebida no ámbito farmacéutico feita a base de herbas medicinais.
Medio Natural
A área xeográfica delimitada da indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia, na que se debe producir a uva e, como subproductos da vinificación, os bagazos e lías, e na que se debe realizar o destilado e a elaboración, abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A composición volátil dos augardentes está directamente relacionada coas condicións de fermentación e de destilación da materia prima, pero sobre todo polos compostos aromáticos propios de cada variedade de uva. A presenza e concentración destes compostos depende tamén da zona de cultivo e das condicións climáticas e edafolóxicas, de maneira que as variedades de uva utilizadas e o territorio onde se cultivan condicionan as características dos destilados obtidos.
As herbas utilizadas na súa elaboración inflúen tamén no seu sabor, aroma e cor.
Materias primas
+
A Augardente de herbas é unha bebida espirituosa obtida a partir de augardente amparada pola Indicación Xeográfica “Orujo de Galicia”, mediante a maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan. Na elaboración da augardente de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie apta para uso alimentario, entre as cales se citan, por seren de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.
Características del producto
+
As características organolépticas son as seguintes:
- Aspecto: translúcido-limpo
- Cor: dende amarela palliza a amarela verdosa
- Aroma: intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con notas aromáticas florais e con marcado carácter do augardente de bagazo do que procede, complementado coas herbas que o caracterizan. Ausencia de olor a humidade, a queimado ou sucidade.
- Sabor: persistente, con equilibrio entre o alcohol do destilado e as notas a herbas aromáticas e especias.