Información general
Empresas elaboradoras
Recetas

O Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se produce de forma artesanal desde fai centos de anos. Está intimamente ligado ao territorio onde se produce e soamente as abellas coñecen o segredo da súa elaboración. Este tesouro galego contén a esencia da nosa paisaxe conformada primordialmente por flora silvestre, que lle proporciona esas características sensoriais particulares.
Medio Natural
La zona de producción, elaboración y envasado de la miel amparada por la indicación geográfica protegida Miel de Galicia abarca todo el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia.
El territorio gallego diferenciara en la geomorfología, la litoloxía y la edafología de las áreas mediterráneas de producción apícola tradicional, predominando los suelos ácidos, que condicionan la vegetación existente y, por tanto, la producción de néctar y conseguintemente las características de las mieles. ES, por tanto, una región natural perfectamente diferenciada del resto de la Península Ibérica. Intervienen en su personalización aspectos xeomorfolóxicos, climáticos, biológicos y edafológicos, que condicionan la existencia de una flora adaptada a las condiciones naturales que todos estos factores le imponen.
En definitiva, la situación geográfica de Galicia y sus peculiaridades dan lugar a mieles que presentan características propias y por eso se diferencian de los producidos en otros territorios.
Materias primas
+
O Mel de Galicia procede de colmeas móbiles e obtense por decantación ou centrifugación. Durante o tempo de recollida do mel polas abellas, as colmeas non poden ser sometidas a ningún tratamento químico nin se lles pode subministrar ningún alimento.
Segundo a súa orixe botánica o Mel de Galicia pode ser multifloral ou monofloral de algún dos seguintes tipos: de eucalipto, de castiñeiro, de silva ou de breixo.
Características del producto
+
O mel pode presentarse en estado líquido, cristalizado ou cremoso, conservando todas as súas propiedades naturais.
As características dos distintos tipos de meles son as seguintes:
- Mel multifloral: a súa cor poderá variar entre o ámbar e o ámbar-escuro. Presentan aroma floral ou vexetal de intensidade e persistencia variable. Poden ser lixeiramente ácidas e astrinxentes.
- Mel monofloral de castiñeiro: de cor ámbar escuro, pode presentar tons vermellos. Aroma preferentemente vexetal de intensidade media-baixa e persistencia baixa. É lixeiramente ácida e amarga, a veces algo picante. Adoita presentar lixeira astrinxencia.
- Mel monofloral de eucalipto: cor ámbar, olor floral cun toque a cera. A intensidade do olor é media e a persistencia baixa. Sabor doce e lixeiramente ácido.
- Mel monofloral de silva: cor ámbar a ámbar escuro. Son meles aromáticas con cheiro floral persistente. Sabor afroitado, marcadamente doce de intensidade e persistencia media-alta.
- Mel monofloral de breixo: cor ámbar escuro ou escuro con tons vermellos, sabor lixeiramente amargo e persistente, aromas vexetais persistentes. A intensidade do cheiro adoita ser media-baixa e a persistencia baixa.