Información general
Empresas elaboradoras
Recetas

A elaboración da “Tarta de Santiago” é un proceso artesanal transmitido de xeración en xeración, que foi evolucionando en función do progreso tecnolóxico experimentado nos últimos anos para atender as esixencias do mercado, sen perder a súa propia identidade. As técnicas empregadas na fabricación tenden a obter produtos de máxima calidade, mantendo os caracteres tradicionais das tortas amparadas por esta indicación xeográfica protexida.
Medio Natural
A área de elaboración das tortas amparadas pola IXP “Tarta de Santiago” abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
A “Tarta de Santiago” nace nas cociñas acomodadas nos séculos XVI ao XVIII, cando consumir produtos exóticos, como as améndoas e o azucre, significaba ter riqueza e poder; servilos aos hóspedes significaba honralos e, a un tempo, confirmar a súa pertenza ao grupo social privilexiado.
A popularización da peregrinación a Santiago a través das distintas rutas xacobeas, particularmente nos últimos lustros, trouxo á capital e, en xeral, á comunidade autónoma, multitude de visitantes, tano españois como doutros países, o que serviu para divulgar o coñecemento deste produto típico da repostaría galega fóra das súas fronteiras.
A divulgación universal deste doce é tamén froito do bo facer dos obradoiros galegos en xeral, e composteláns en particular, que souberon conservar as receitas herdadas. Só a coidadosa atención á calidade dos ingredientes e o esmero na elaboración garanten a conservación das virtudes e sabores tradicionais desta sobremesa e fan dela algo apetecible para todo tipo de público.
Materias primas
+
O produto amparado pola IXP “Tarta de Santiago” é un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos son:
- améndoas (mínimo 33% sobre o peso total da masa)
- azucre (mínimo 33% sobre o peso total da masa)
- ovos (mínimo 25% sobre o peso total da masa)
Existen dúas presentacións, torta forrada, é dicir, con base, y torta sen forrar.
Os forros, representarán como máximo un 25% do peso total da torta forrada, e admítense dous formatos e composicións:
Forro de follado, no que os ingredientes son fariña de trigo, manteiga, auga e sal.
Forro de pasta brisa (ou brisé) no que os seus ingredientes son fariña de trigo, manteiga, azucre refinado, ovo enteiro, leite e sal.
Características del producto
+
As características da “Tarta de Santiago” son as seguintes:
- Forma: redonda con cuberta de azucre glaseado onde figurará a Cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia
- Aroma: típico a xema e améndoa
- Cor: cobertura branca en superficie debido á decoración con azucre glaseado e cor dourado ao corte.
- Sabor: típico a améndoa.
- Textura: esponxosa e granulada.