Información general
Empresas elaboradoras
Recetas

En Galicia hai máis de 3700 anos que se produce carne de vacún. Estamos, polo tanto, ante un produto agroalimentario con tradición e historia.
A carne da IXP Ternera Gallega está sometida a estritos controis de calidade que abranguen dende o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e coidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme ao establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproduto animal ou substancia prohibida. Así pódese asegurar que a carne de “Ternera Gallega” ten a máxima calidade e garantía.
Medio Natural
A orografía galega está modelada con suaves outeiros e unha importante rede fluvial que, xunto ao clima atlántico de abundante pluviosidade e temperaturas suaves, favorecen unha alta produtividade forraxeira e dos cultivos agrícolas. Esta capacidade produtiva da terra favoreceu o desenvolvemento dunha elevada actividade gandeira ligada ao territorio, así como a implantación dunha importante industria elaboradora e transformadora, na que a carne de vacún ten un especial protagonismo.
Materias primas
+
Para que un becerro poida ser identificado e inscrito en “Ternera Gallega”, debe cumprir as seguintes condicións:
- Orixe: que teña nacido en Galicia
- Raza: será das razas Rubia Galega, Morenas Galegas así como dos cruces entre si e tamén coas seguintes razas cárnicas: Asturiana de los Valles, Limusina e Rubia de Aquitania. Tamén son aptos os cruces de machos de calquera das razas anteriores con femias das razas Frisona e Pardo Alpina.
- Condicións hixiénico-sanitarias: tanto os tenreiros como as explotacións teñen que cumprir o establecido na normativa vixente sobre manexo dos animais, estado sanitario, benestar animal, etc.
- Que estea identificado oficialmente, con dobre crotalización e Documento de Identificación para Bovinos (DIB).
Características del producto
+
A carne de “Ternera Gallega” varía dunha cor rosa clara, no caso de ternera, ata un vermello suave, no caso do anello. Ó corte presenta un aspecto magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca nacarada e suaves irisacións amareladas, distribuída homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de grao fino.
A indicación xeográfica protexida “Ternera Gallega” ampara e certifica tres tipoloxías de carne: “Ternera Gallega Suprema”, “Ternera Gallega” e “Anello”.
Ternera Gallega Suprema
É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións tradicionais ligadas ao medio, con vacas nai de aptitude cárnica, nas que existe unha especial simbiose nai-tenreiro-entorno, baixo o manexo e o bo facer dos gandeiros galegos, que herdaron sistemas de produción transmitidos secularmente de pais a fillos, baseados no aproveitamento dos recursos propios da explotación e no particular coidado dos animais.
Os tenreiros de Suprema diferéncianse na base da súa alimentación que é a lactancia materna, que se mantén practicamente ata o seu sacrificio, complementándose con forraxes, cereais, nabos, patacas e concentrados da máxima calidade.
Outra das súas peculiaridades máis significativas é que son animais xoves, cuxa idade media ao sacrificio oscila ao redor dos oito meses. Todos estes factores propician que a carne que se certifica e presenta coma “Ternera Gallega Suprema” teña un nivel de calidade practicamente insuperable.
Dentro desta tipoloxía identifícase no etiquetado como “Ternera Gallega Suprema - carne de Rubia Gallega”, que é a carne que procede exclusivamente de tenreiros que son de raza Rubia Galega.
“Ternera Gallega”
É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións e cebadoiros de carácter familiar, seguindo as pautas tradicionais do cebo de vacún en Galicia, en unidades produtivas de reducida dimensión e con man de obra propia.
Os tenreiros destétanse a distintas idades e a súa alimentación basease en forraxes e concentrados procedentes de vexetais, nos cales está estritamente controlado que non se usen subprodutos ou derivados animais reciclados, nin tampouco ningunha sustancia que poda interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento do animal.
Destes tenreiros, cuxa idade ao sacrificio e inferior aos doce meses, procede a carne que se certifica e presenta como Ternera Gallega.
“Ternera Gallega Anello”
É a carne que procede de animais que cando se sacrifican xa cumpriran os doce meses de idade. A súa importancia relativa dentro da Denominación é escasa, xa que só significa o 1% da carne certificada poa IXP “Ternera Gallega”.
Os tenreiros destétanse e aliméntanse con forraxes e con concentrados procedentes de vexetais, exentos de subprodutos animais e de calquera sustancia que poda interferir no seu ritmo normal de crecemento e desenvolvemento.