A Agacal participa no prestixioso salón Barcelona Wine Week

Compartir

Un posto modular acolleu nove adegas con viños das distintas D.O. galegas

Entre o 3 e o 5 de febreiro de 2020 celebrouse no recinto de Montjuïc de Fira de Barcelona a primeira edición do salón Barcelona Wine Week (BWW). Cunha ocupación de máis de 30.000m2 e arredor de 600 expositores, este evento profesional impulsado por Alimentaria Exhibitions e a Federación Española del Vino nace coa vontade de ser o maior escaparate dos viños españois de calidade para operadores nacionais e internacionais. 

A Consellaría de Medio Rural, a través da Agacal, contratou un posto modular dos que oferta Fira Barcelona para participar con 77 metros cadrados que foi ocupado por nove adegas con viños das distintas D.O. galegas. Esta era unha ocasión idónea para dar a coñecer os viños galegos  con indicativo de calidade e para que o sector profesional os coñecese, xerando prestixio e oportunidades de negocio. 

Ademais, contou cun espazo de promoción institucional onde a Agacal deu a coñecer e a degustar os viños e as augardentes das D.O. e I.X. de Galicia que foron premiados na edición de 2019 das Catas dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia.